BE: biografías
biografias
No inverno de 1803 partiu de Galicia a Real Expedición Filantrópica da Vacina coa misión de acabar co azoute da variola nas colonias españolas de América e as illas Filipinas.
Vinte e un nenos recollidos nas casas de expósitos portaron nos seus propios corpos o fluido curativo.
Novo Mundo conta a vida de Isabel Zendal, a enfermeira daquela expedición. Unha muller nada nunha humilde familia de labregos e obrigada a criar o seu fillo en solitario que acabou por se converter no elo imprescindible dunha xesta que supuxo un punto de inflexión na historia da medicina, dunha viaxe que mudou o mundo tal e como se coñecía ata entón.
5º-6º Primaria
1º-2º ESO